Nesta entrada falaremos do bádminton, un deporte de raqueta no que os xogadores golpean un volante pasandoo por enriba dunha rede dun metro e medio mais ou menos
Os xogadores teñen que conseguir que o volante caiga dentro do campo rival para facer punto
Como todolos xogos/deportes ten o seu reglamento
O campo:
1- Ten diferentes medidas, o largo sempre é igual (13,40), pero o ancho cambia, para individuales mide 5,18m (azúl), e para dobles mide 6,10m (vermello)
2- Conta con tres líneas paralelas á rede ( línea corta de servicio, línea larga de servicio para dobres
línea de fondo)
3- Divídese en dereita e esquerda
A raqueta e as suas partes
Os diferentes tipos de agarre:
O saque en bádminton realízase en diagonal e depende da puntuación, cando a nosa puntuación é par sacaremos dende a dereita, e cando é impar sacaremos da esquerda
Xogo e golpeo:
Unha vez xa sacado, temos que ter coñecemento dos tipos de golpeos para saber cal é a mais adecuado en cada momento pra sacar máis proveito de cada golpe
E máis importante ca iso, debemos saber que todos os golpes podense facer tanto de dereito coma de revés
Chamámoslle dereito cando golpeamos o volante sen necesidad de cruzar o brazo, por exemplo sendo zurdo e que o volante che veña á esquerda
E chamámoslle revés cando ten que cruzar o brazo e golpear o volante ca cara posterior da raqueta, por exemplo sendo zurdo e que o volante che veña á dereita
Xa tendo estos coñecementos básicos empezaremos a mirar golpes e traxectorias
Como podemos observar temos moitas posibilidades de golpeo e cada un deles responde a outro xa que hay golpeos defensivos e ofensivos
1- Clear:
Golpeo defensivo, cando o volante ven alto (saque largo, outro clear, lob).
Ten unha traxectoria ascendente ó fondo da pista pra que o chegar o seu punto máximo de altura caiga en picado e sea máis difícil devolvelo
(O seu golpe defensivo pode ser outro clear máis forte, un drive ou un smash se queda preto da rede)
2- Deixada alta:
Golpe ofensivo cando o volante ven alto (saque largo, clear, lob)
Ten unha trayectoria descendente preto da rede para que sexa difícil chegarlle
Úsase para enganar o rival xa que dende esa posición podes facer tanto a deixada coma un clear
(O seu golpe defensivo é un lob ou cunha deixada baixa se vemos que o rival retrocede moito, xa que non se espera a misma resposta)
3- Smash:
É o golpe ofensivo por excelencia, moi difícil de devolver
Ten unha traxectoria descendente en picado o máis preto da rede posible
Este golpeo faise cando un volante queda alto e preto da rede ou cun nivel máis avanzado cando o volante vai alto lonxe da rede
Esta segunda opción é máis complexa xa que dende lonxe é moi fácil fallar ou facer mal este golpeo, así que tamén pódese responder cun clear
(O seu golpe defensivo é o lob)
4- Drive:
É un golpe ofensivo con traxectoria recta, forte e paralela á rede, o máis preto posible
É un golpe directo ó oponente para que sexa difícil a súa volta
Este golpe faise cando o volante vai un pouco alto pero non o suficiente coma pra facer un clear e queremos responder rápido
Se golpeamos ó corpo do noso rival dificultámoslle a resposta xa que terá que responder cun golpe improvisado
(O seu golpe defensivo é o lob, outro drive ou cun mellor nivel podese facer unha deixada, inda que é moi difícil xa que o drive ven moi rápido)
5- Deixada baixa:
É un golpe ofensivo, con traxectoria descendente preto da rede
Úsase cando o volante vai a unha altura media ou baixa ( unha deixada, un drive, un smash mal feito, e cando vemos o rival moi atrasado)
(O seu golpe defensivo pode ser un lob ou outra deixada)
6- Lob:
É un golpe defensivo, con traxectoria ascendente ó fondo da rede, é coma un clear pero golpeando por debaixo da cadera
Úsase cando o volante vai baixo ( un drive, smash, deixada...)
(E o seu golpe defensivo é o clear ou o smash)
Táctica
A táctica máis empregada para o ataque é o machaque, mandando o volante o fondo da pista para que o rival lle sexa máis difícil devolvela lonxe da rede e poder facer un smash
Tamén xogar coas distancias, enviando ó fondo da pista, facer unha deixada e xogar con cada unha das esquinas do campo rival
Se nos fixamos, tamén podremos saber cal é o seu punto débil, por exemplo o revés
Se detectamos que non responde tan ben de revés debemos obrigarlle a golpear desta maneira atacando sempre a este lado
No hay comentarios:
Publicar un comentario